Guía Obligaciones y Responsabilidades de las cofradias en prl

 

Descarga la guía completa

REPARTO DE AXUDAS Á CONFRARÍAS DE PESCADORES FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2021 (Expte.2021008106)

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 14 de xuño de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

20.30422.- REPARTO DE AXUDAS Á CONFRARÍAS DE PESCADORES FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2021 (Expte.2021008106)

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 26 de marzo de 2021, número de acordo 2.30106, aprobou as Bases Reguladoras das axudas a Confrarías de Pescadores, Federación de Confrarías e Agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, cun orzamento total de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00€), e foron publicadas no BOPPO número 66 do 9 de abril de 2021.

A base reguladora décimo segunda indica, en relación a instrución do procedemento, que correspóndelle á xefa do Servizo de Medio Ambiente, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Asemade, establécese que unha vez realizado o estudio de cada solicitude recibida, e en función da información dispoñible, elaborarase unha proposta de concesión da subvención para someter á aprobación do órgano competente, previo informe da fiscalización do servizo de intervención.

Unha vez finalizado o prazo o día 7 de maio, e de acordo con estas bases, formuláronse vinte e unha solicitudes.

Examinadas e valoradas a totalidade das solicitudes, compróbase que todas cumpren cos requisitos esixidos para ser beneficiarios das citadas axudas, salvo a Confraría San Martiño do Grove que ten pendentes varias autorizacións e licencias imprescindibles para acometer as accións subvencionables, polo que, deberá aportalas no momento ou antes da xustificación, quedando condicionado o pago da subvención a previa presentación das autorizacións legalmente establecidas.

Vistos os informes emitidos, en relación o reparto das axudas, pola xefa do Servizo de Medio Ambiente do 28/05/2021, de Intervención do 28/05/2021, e a restante documentación que figura no expediente.
Considerando o disposto nas bases de execución do vixente orzamento da Deputación.

A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas a Confrarías de Pescadores, Federación de Confrarías e Agrupacións de Mariscadoras do ano 2021, por importe total de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00 €) con cargo á aplicación 21/410.4150.789.02 do vixente Orzamento Provincial. Dita cantidade resulta da relación que se achega na proposta de acordo con CSV: COLHWUY7V8WJTCEZ que se aproba no presente acto.

O que lle comunico a Vde. para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do RD 2568/86, de 28 de novembro.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 112 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.

Descargar convenio aquí