CONVENIO DE COLABORACIÓN CAP VII/2023. DOCUMENTO FINAL CONCLUSIÓNS DO PROXECTO “ESTUDO SOBRE O DESCENSO DA PRODUTIVIDADE NOS BANCOS MARISQUEIROS DAS RÍAS DE AROUSA

Descrición xeral das actividades levadas a cabo.

A fin de dispor dun diagnóstico o máis real posible da situación dos bancos marisqueiros das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, achegouse información específica sobre o proxecto na reunión ordinaria de Xunta Xeral da Federación do 17/06/2023, a que viña a ser unha primeira toma de contacto cos/coas Patróns/as Maiores e Vicepatróns/as Maiores das confrarías, co obxecto de lles dar conta da iniciativa, así como para coñecer de primeira man as zonas de marisqueo que, a priori, serían as máis afectadas.

Ademais, realizouse un importante traballo de campo, con numerosas visitas ás Confrarías de Pescadores, nas que se mantiveron conversas cos/as profesionais do sector marisqueiro tanto a pé como a flote, a fin de recadar información en relación coa súas experiencias e opinións sobre os cambios que observan no relativo ao comportamento produtivo de cada zona.

Mantiveronse reunións cos/coas asistencias técnicas e biólogos/as das confrarías de pescadores, os/as que achegaron as súas propias percepcións e deducións sobre o estado do medio mariño e dos recursos marisqueiros.

A partir deste momento, buscouse o asesoramento científico. Xa que logo, estableceuse contacto cos principais centros de investigación (INTECMAR, REDEMAR, Instituto de Investigacións Mariñas -CIMA- e Universidade de Vigo), a fin de coñecer os proxectos e estudos científicos que se están levando cabo na actualidade ou se executaron nun pasado recente en relación co tema principal, o descenso de produtividade nas distintas especies de bivalvos nas zonas de marisqueo das rías de Vigo, Pontevedra, e Arousa Sur.

Seleccionáronse aqueles que baixo o noso criterio son máis relevantes, tendo en conta o ámbito de actuación e o grao de execución. A partir de aí, xunto cos/as investigadores/as, profesores/as, persoal técnico da Asociación Mar Seguro de Galicia e da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, organizouse una xornada técnica presencial, na que se tentou dar resposta a todas aquelas inquedanzas do sector con respecto á problemática existente, así como doutros que manteñen confundido ao sector.

Así, o día 09/11/2023 celebrouse no Edificio Multiusos do Concello de Soutomaior, en Arcade, a xornada técnica formativa e divulgativa en formato presencial titulada “ENCONTROS COA CIENCIA MARIÑA – Problemáticas do marisqueo nas nosas rias”, dirixida as Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra, ás Agrupacións Sectoriais de Marisqueo e Pé e a Flote e ás Asistencias Técnicas, como principais interesados.

Presentáronse os resultados das mesas de traballo, e deuse cumprida información dos temas a tratar.

Como relatores na xornada, participaron as seguintes persoas:
– Mariana Herrera, Investigadora do grupo de Ecoloxía Costeira da Universidade de Vigo cunha exposición titulada “IMPLEMENTACIÓN DUN MODELO METAPOBOACIONAL DE BIVALVOS PARA GARANTIR UNHA PRODUCIÓN SOSTIBLE”.
– Susana Darriba, Xefa da unidade de patoloxía do Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia(INTECMAR). Falou dos patóxenos que afectan aos moluscos bivalvos nunha exposición titulada “ESTUDANDO A MORTALIDADE DE MOLUSCOS”.
– Nicolas Villacieros Robinenau, Investigador Postdoctoral do Instituto de Investigaciones Marinas (IIM-CSIC) que intervíu sobre o asunto “QUEN ANDA DETRAS DA RIQUEZA E MORTALIDADE NAS NOSAS RIAS”
– Miguel Ángel Nombela e Irene Alejo, profesores do Departamento de Xeociencias Mariñas e ordenación do territorio da Universidade de Vigo, que conversaron sobre o seu estudo “ANALISIS DE SEDIMENTOS E MORFODINÁMICA DOS BANCOS
MARISQUEIROS”.

Fotos da celebración da xornada, “ENCONTROS COA CIENCIA MARIÑA – Problemáticas do marisqueo nas nosas rías”,

Principais Conclusións.

Cos resultados obtidos nas diferentes reunións de traballo co sector, unha vez analizados todos os datos, conclúese que as maiores preocupacións que atopamos en primeira línea poderían agruparse do xeito seguinte:

 A falla de información sobre as causas polas que se producen estes episodios de mortalidade relacionados con parámetros oceanográficos ou coa presenza de patoloxías nos distintos moluscos bivalvos (parásitos),
 A necesidade de coñecer posibles fórmulas para previr ou minimizar os efectos das situacións de mortalidade de bivalvos, a sí como de investigar os casos de lento crecemento e/ou o baixo recrutamento dos distintos individuos, etc.
 Solucionar o problema das dificultades existentes para a obtención semente de bivalvos para a repoboación de zonas marisqueiras.
 Necesidade de incrementar a cooperación e interrelación entre as Organizacións Profesionais e representativas do Sector Pesqueiro e a Comunidade Científica a fin de reforzar a sinerxia na mellora do benestar do sector.

Por estes e outros motivos, e dada a boa acollida do proxecto, no que participaron na xornada final, dunha ou doutra maneira, preto de cen persoas, cóidase de suma importancia a organización deste tipo de encontros de forma frecuente, en canto facilitan unha visión global e un coñecemento provisorio das que poderían ser algunhas das principais causas da baixada de produción nos bancos marisqueiros, axudando á súa vez a reforzar a sinerxia na mellora do sector, a incrementar a cooperación e o intercambio de experiencias entre as distintas Confrarías de Pescadores, e a contribuir na procura de solucións para tratar de salvagardar o futuro do marisqueo nas nosas Rías.

DESCARGA AQUÍ O CONVENIO