REPARTO DE AXUDAS A “CONFRARÍAS DE PESCADORES FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA”, PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2022 (Expte. 2022004415)

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2022, número de acordo 5.31494, aprobou as Bases Reguladoras das axudas a Confrarías de Pescadores, Federación de Confrarías e Agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, cun orzamento total de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00€), e foron publicadas no BOPPO número 69 do 8 de abril de 2022.

A base reguladora décimo terceira indica que correspóndelle á xefa do Servizo de Medio Ambiente a instrución do procedemento, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Asemade, establécese que unha vez realizado o estudio de cada solicitude recibida, e en función de que o gasto das solicitudes séa subvencionable, previa fiscalización do Servizo de Intervención, elaborarase unha proposta de concesión da subvención para someter á aprobación do órgano competente.

Unha vez finalizado o prazo de solicitudes, e de acordo con estas bases, con código seguro de verificación (CSV): 2L782X6QX6DAY4UJ, formuláronse dezanove solicitudes.

Examinadas e valoradas a totalidade das solicitudes, compróbase que que algúns expedientes inclúen elementos non subvencionables, polo que, procedese o axuste dos importes para adecualos os requisitos esixidos na convocatoria para as citadas axudas, quedando o importe total a repartir na cantidade de 248.493,28 €.

Vistos os informes emitidos, en relación o reparto das axudas, pola xefa do Servizo de Medio Ambiente do 21/07/2022, de Intervención do 28/07/2022, e a restante documentación que figura no expediente, e considerando o disposto nas bases de execución do vixente orzamento da Deputación.

Descargar convenio aquí

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja una respuesta